Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Pobo muisca

Pobo muisca
A Balsa muisca (entre o 1200–1500) é unha figura de ouro que representa a cerimonia sagrada de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural muisca.[1]
Poboación
Poboación total:
11 265 (censo de 2018)[2]
Rexións principais:
Colombia11 265 (sen incluír os descendentes mestizos
9 800 000 (2005) incluíndo os descendentes mestizos [3][4]
Aspectos culturais
LinguaLingua muisca
RelixiónRelixión muisca. Catolicismo, maioritariamente, após a conquista española das nacións chibchas.
Grupos
relacionados
Familia chibcha: arhuacos, kogui, tunebos, wiwa, chimila, yukpa, barí, taironas.
Localización do territorio da Confederación muisca na actual Colombia.

Os muiscas son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano cundiboyacense. No presente, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté.[5] Segundo o censo de 2005 feito polo Ministerio de Interior, 11 265 muiscas viven en Colombia.

Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas),[6] entraron en contacto co Imperio español en 1537, no intre da conquista. Os subgrupos nos que se dividían os muiscas foron identificados en función das alianzas arredor de tres grandes gobernantes: o zaque, con capital en Hunza, que gobernaba un territorio que abranguía as zonas sur e nordeste da actual Boyacá e o sur de Santander; o zipa, con capital en Bacatá, que gobernaba sobre Cundinamarca, o oeste dos Llanos e o nordeste de Tolima; e o Iraca, gobernador de Suamox, o nordeste de Boyacá e o suroeste de Santander. O territorio dos muiscas abranguía unha área de 47 000 km²[7] - unha rexión un chisco meirande que Suíza - dende o norte de Boyacá até o Páramo de Sumapaz, e dende a Cordilleira Oriental até o Val de Magdalena. Tiñan fronteira cos territorios dos panches e os pijaos.

No tempo da conquista, a área tiña unha importante poboación, e malia que o número preciso de habitantes é descoñecido, estímase que roldaba entre o medio millón e os tres millóns de habitantes. Os muiscas falaban o muysccubun, un dialecto do chibcha, tamén chamado muysca e mosca.[8] A súa economía estaba baseada na agricultura, na minaría do sal, a metalurxia e manufactura.

  1. [1] Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa muisca.
  2. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  3. DANE, Censo Nacional de Poboación 2005.
  4. Ministerio de Cultura (2010) "Muiscas, los hijos de Bachué". Bogotá
  5. (en castelán) Wisner Gracia, Luis Eduardo, s.a. Etnografía Muisca: el resguardo de Cota Arquivado 21 de xullo de 2016 en Wayback Machine. - Banco de la República - consultado o 21 de abril de 2016
  6. Ocampo López, 2007, p.52
  7. (en castelán) Muisca area almost 47,000 km2, páxina 12 Arquivado 16 de xuño de 2016 en Wayback Machine.
  8. (en castelán) Muysccubun, the language of the Muisca - Muysccubun dictionary online - consultado o 26 de abril de 2016

Previous Page Next Page






Muisca AN المويسكا Arabic المويسكا ARZ Muisca sane AVK Çibça (sivilizasiya) AZ Чыбча BE Чибча Bulgarian Muisques Catalan Чибча (цивилизаци) CE Muisca Danish

Responsive image

Responsive image