Unha aeronave ou nave é un vehículo deseñado para desprazarse polo aire, podendo transportar mercadorías e/ou persoas. Son exemplos de aeronave os globos, avións, dirixíbeis ou helicópteros. Deben distinguirse a aeronaves dos obxectos que non se axudan da atmosfera para voar, é dicir, todas as aeronaves dependen da existencia dalgunha clase de atmosfera para xerar unha sustentación grande dabondo como para termar o seu propio peso. É por iso que a maioría de foguetes ou mísiles non se consideran aeronaves.[1] A actividade humana que arrodea ós avións chámase aviación. As aeronaves tripuladas son controladas por un piloto. Os vehículos non tripulados chámanse a miúdo UAVs (do inglés Unmanned Aerial Vehicles).