GHRL |
---|
Estruturas dispoñibles |
---|
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
|
---|
Identificadores |
---|
Nomenclatura |
Outros nomes
- GHRL, ghrelina, prepropéptido da ghrelina e obestatina, MTLRP
|
---|
Identificadores externos | |
---|
Locus | Cr. 3 p25.3 |
---|
|
---|
Ortólogos |
---|
Especies | |
---|
Entrez | |
---|
Ensembl | |
---|
UniProt | |
---|
RefSeq (ARNm) | |
---|
RefSeq (proteína) NCBI | |
---|
Localización (UCSC) | |
---|
PubMed (Busca) | |
---|
A ghrelina[1] ou grelina[1] (en farmacoloxía o nome DCI é lenomorelina) é unha hormona peptídica de 28 aminoácidos que estimula o apetito, producida polas células do tracto gastrointestinal, principalmente polas células P/D1 do revestimento interno do fundus do estómago e polas células épsilon do páncreas.[2][3] Adoita denominarse "hormona da fame", xa que estimula o apetito.[4] Orixínase a partir da clivaxe ou corte dun prepropéptido máis longo codificado no xene GHRL, situado no cromosoma 3 humano.
Os niveis de ghrelina increméntanse antes das comidas e diminúen despois. Considérase que contrarresta á hormona leptina, producida polo tecido adiposo, a cal induce a sensación de saciedade cando está presente en niveis altos. Nalgúns tratamentos da obesidade, redúcese o nivel de ghrelina dos pacientes, para así causar a saciedade bastante antes de que esta se produza de forma normal.
A ghrelina é un potente estimulador da hormona do crecemento na adenohipófise.[5] O receptor da ghrelina é un receptor acoplado á proteína G, coñecido como o receptor secretagogo da hormona do crecemento. A ghrelina únese á variante de splicing GHSR1a deste receptor, o cal está presente en gran cantidade no hipotálamo, hipófise e nos corpos das células aferentes vagais e nas terminacións aferentes vagais por todo o tracto gastrointestinal [6][7]
A ghrelina xoga un papel significativo na neurotrofia (desenvolvemento e funcionamento neuronal), especialmente no hipocampo, e é esencial para a adaptación cognitiva ao cambio de ambientes e no proceso da aprendizaxe.[8][9] Recentemente, viuse que a ghrelina activa a isoforma endotelial da óxido nítrico sintase nunha ruta que depende de varias quinases, como a Akt.[10]
A diferenza de moitos outros péptidos endóxenos, a ghrelina pode cruzar a barreira hematoencefálica, o que lle dá á ghrelina administrada exoxenamente un gran potencial para o seu uso clínico.[11]
- ↑ 1,0 1,1 BUSCatermos ghrelina
- ↑ Sakata I, Sakai T (2010). "Ghrelin cells in the gastrointestinal tract". International Journal of Peptides 2010: 1. PMC 2925405. PMID 20798855. doi:10.1155/2010/945056.
- ↑ Inui A, Asakawa A, Bowers CY; et al. (2004). "Ghrelin, appetite, and gastric motility: the emerging role of the stomach as an endocrine organ". FASEB J. 18 (3): 439–56. PMID 15003990. doi:10.1096/fj.03-0641rev.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome muller
- ↑ Kojima M, Hosoda H, Date Y, Nakazato M, Matsuo H, Kangawa K (1999). "Ghrelin is a growth-hormone-releasing acylated peptide from stomach". Nature 402 (6762): 656–60. PMID 10604470. doi:10.1038/45230.
- ↑ Castañeda TR, Tong J, Datta R, Culler M, Tschöp MH. (2010). "Ghrelin in the regulation of body weight and metabolism". Front Neuroendocrinol. 31 (1): 44–60. PMID 19896496. doi:10.1016/j.yfrne.2009.10.008.
- ↑ Page A, Slattery J, Milte C, Laker R, O'Donnell T, Dorian C, Brierley S, Blackshaw LA. (2007). "Ghrelin selectively reduces mechanosensitivity of upper gastrointestinal vagal afferents". Am J Physiol Gastrointest Liver Physiol. 292 (5): 1376–1384. PMID 17290011. doi:10.1152/ajpgi.00536.2006.
- ↑ "Hunger hormone tied to learning". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 2007-06-01. at The Scientist
- ↑ Atcha, Z; Chen, WS; Ong, AB; Wong, FK; Neo, A; Browne, ER; Witherington, J; Pemberton, DJ. (2009). "Cognitive enhancing effects of ghrelin receptor agonists". Psychopharmacology (Berl). 206 (3): 415–27. PMID 19652956. doi:10.1007/s00213-009-1620-6.
- ↑ Xu X, Jhun BS, Ha CH, Jin ZG. (2008). "Molecular Mechanisms of Ghrelin-Mediated Endothelial Nitric Oxide Synthase Activation". Endocrinology. 149 (8): 4183–4192. PMC 2488251. PMID 18450953. doi:10.1210/en.2008-0255.
- ↑ Veldhuis, Johannes D.; Bowers, Cyril Y. (2010). "Integrating GHS into the Ghrelin System". International Journal of Peptides 2010: 1–40. ISSN 1687-9767. doi:10.1155/2010/879503.