-
Gneis
-
Gneis ocelado. As manchas vermellas son concrecións de feldespato.
-
Gneis do "ollo de sapo".
O gneis[1] é unha rocha de gran groso que provén do metamorfismo dos granitos, e polo tanto, ten os mesmo minerais que este (cuarzo, feldespato e mica), mais cunha estrutura diferente, presentándose os minerais nos gneises en bandas, alternándose en fitas claras e escuras. É unha rocha que se atopa próxima a depósitos de lousa.
Tamén pode proceder doutras rochas ígneas, á parte do granito, que se coñecen como ortogneis; ou sedimentarias, chamándose paragneis. Tamén se poden adxectivar segundo a súa textura, como o gneis ocelado; ou segundo os seus compoñentes, gneis biotítico, moscovítico...
O gneis emprégase na construción para realizar chanzos, lastros, cachotaría, pavimentación, fabricación de brita ou uso ornamental, tendo en conta a súa peculiaridade xistosa que o converte nun material anisótropo, é dicir, que a forma de colocación na obra é fundamental (un gneis que reciba forzas externas paralelas ás súas bandas crebará máis rapidamente que se estas forzas fosen perpendiculares).