Leptina
| |
Identificadores | |
Símbolo | LEP |
Símbolos alt. | OB; OBS; FLJ94114 |
Entrez | 3952 |
HUGO | 6553 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000230 |
UniProt | P41159 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 7 q31 |
Receptor de leptina (OB-R)
| |
Identificadores | |
Símbolo | LEPR |
Símbolos alt. | OBR; CD295 |
Entrez | 3953 |
HUGO | 6554 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002303 |
UniProt | P48357 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 p31 |
A leptina (do grego λεπτός leptos 'delgado') é unha hormona polipeptídica de 16 kDa que desempeña un importante papel na regulación da captación e consumo de enerxía no organismo, incluíndo a regulación do apetito e o metabolismo. É unha das hormonas máis importantes segregadas polo tecido adiposo.[2] Nos humanos o xene da leptina é o Ob(Lep) (Ob de obeso, Lep de leptina), que está localizado no cromosoma 7.[3]