Lycopodiopsida

Licopodios redirixe aquí.
Lycopodiopsida

Palhinhaea cernua cun detalle dunha póla
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Clado: Traqueófitas
Clado: Licófitas
Clase: Lycopodiopsida
Bartl.
Ordes
Sinonimia

Ver Táboa 1.

Lycopodiopsida é unha clase de plantas vasculares, tamén coñecidas como Lycopsida, licopodios, ou licófitas, entre outros nomes. Teñen unha ramificación dos talos dicótoma e follas simples chamadas microfilos e reprodúcense por medio de esporas xeradas en esporanxios situados na parte lateral dos talos na base das follas. Aínda que as especies vivas son pequenas, durante o Carbonífero formas arbóreas extintas (Lepidodendrales) formaron enormes bosques que dominaban a paisaxe e contribuíron a formar depósitos de carbón.

A nomenclatura e clasificación das plantas con microfilos varía substancialmente entre os autores. Unha clasificación consenso para as especies existentes hoxe elaborouna en 2016 Grupo da Filoxenia das Pteridófitas (Pteridophyte Phylogeny Group, PPG I), que as situou a todas na clase Lycopodiopsida, que inclúe as clases Isoetopsida e Selaginellopsida usadas noutros sistemas. (Ver Táboa 2.) Sistemas de clasificación alternativos utilizaron para elas categorías diversas, desde división (filo) a subclase. No sistema do PPG I, a clase está dividida en tres ordes, que son: Lycopodiales, Isoetales e Selaginellales.


Lycopodiopsida

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne