Negramaro | |
---|---|
![]() Negramaro ó vivo en Tione di Trento (TN) | |
Orixe | Salento, Puglia, Italia ![]() |
Período | 1999 - Actualidade |
Xénero(s) | Pop-rock, Rock alternativo, Power-pop, |
Selo(s) discográfico(s) | Sugar |
Na rede | |
negramaro.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Negramaro é unha banda de rock italiana creada en 1999 e exitosa dende o 2005. O seu nome provén do Negroamaro, un viño producido na súa rexión natal, Salento, que forma parte da rexión administrativa de Puglia, no sur de Italia.
O seu primeiro éxito foi o seu primeiro sinxelo, "Come sempre". Participaron no festival de San Remo en 2005 na sección «novas figuras», oportunidade na que lanzaron o álbum Mentre tutto scorre, que incluía sinxelos famosos como "Estate", "Solo 3 minuti" e "Nuvole e lenzuola", este último quedou no 9º lugar no ránking italiano. En setembro do 2006 gañaron o premio do Festival de Verona. Un ano despois, quedaron no primeiro posto da final do Festival de Verona coa canción "Parlami d'amore". No xogo Guitar Hero World Tour está dispoñible a canción "Nuvole e lenzuola", da que existe unha versión en castelán chamada "Nubes y sábanas".