Bertsolaritza é a arte de conversar ou pronunciar un discurso cantado de xeito improvisado, rimando e cunha métrica establecida. É dicir, un bertso.
A bertsolaritza ten unha gran tradición en toda Euskal Herria; é moi anterior a calquera manifestación escrita do éuscaro, xa que xorde dunha literatura oral espontánea. É unha arte emparentada co sean-nós de Irlanda, a regueifa galega, a payada de América do Sur, o trovo de Alpujarras e o repentismo cubano. Este tipo de "discusión dialéctica" responde a un patrón que estivo presente nun gran número de culturas e forma part da tradición asiática, das culturas grega e romana, e da Historia do Mediterráneo musulmán.[1]
Na maioría das festas populares está presente no festexo.
O estudoso e bertsolari Xabier Amuriza defíneo do seguinte xeito:
Neurriz eta errimaz
kantatzea hitza
horra hor zer kirol mota
den bertsolaritza.‘Con métrica e rima
cantar a palabra
velaquí que deporte
é a bertsolaritza’