Lanosterol | |
---|---|
lanosta-8,24-dien-3-ol | |
Identificadores | |
Número CAS | 79-63-0 |
PubChem | 246983 |
ChemSpider | 216175 |
UNII | 1J05Z83K3M |
MeSH | Lanosterol |
ChEMBL | CHEMBL225111 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C30H50O |
Masa molecular | 426,71 g/mol |
Punto de fusión | 138–140 °C |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O lanosterol é un esteroide do grupo dos esterois (tamén se pode considerar un triterpenoide tetracíclico), do cal derivan todos os esteroides nos animais [1][2]. Nas plantas derivan do esteroide cicloartenol [3]. O lanosterol foi atopado por primeira vez na lanolina da la do ovella, e o seu papel biosintético non se descubriu ata máis tarde. Atópase en grandes cantidades na lanolina, xunto con outros triterpenoides.